border="0"

11.3.11

Quén somos

O Grupo de Axitación Social é un colectivo anticapitalista, que centra a súa actividade no eido local (Vigo), a reinvindicación de dereitos sociais, o reparto da riqueza, e rexeitamento do militarismo e do desarrollismo.

Acordos de funcionamento do Grupo de Axitación Social:

Constituese como grupo estable, entendendo que para construir o movemento antagonista é necesario unha actividade constante.

A pertenza ao grupo, uns enténdeno como un compromiso permanente, mentres que outros o poden entender doutra forma, agregándose para determinadas campañas, accións, etc, e pertencendo durante ese periodo con plena capacidade de propoñer, discutir ou aprobar.

Preténdese establecer un equilibrio entre a necesidade dunha estructura que perdure (que nos sirva para dotarnos dunha cohesión e manter unha coherencia entre medios e fins) e a necesidade dun instrumento de autoorganización orientado cara á acción, superando diferencias.

Buscamos construir a nosa identidade como grupo, a través do noso modelo organizativo e formas de loita.

O noso funcionamento baséase na horizontalidade e na asamblea, traballando sobre o común e o consenso.

Os acordos son revisables cada asamblea.

Obxectivos:

Desenvolvemento de formas de acción política para a transformación radical das actuais estructuras ou formas de existencia social, política, económica e cultural; fundadas na relacións de dominio e explotación.

Colaborar na loita dos que buscan transformar o mundo sen tomar o poder.

Con este fin, buscaremos formas de intervención, axitación, propaganda, e desobediencia, sempre orientadas á construcción dun movemento antagonista local e de resistencia global.