border="0"

11.6.13

30/05 Acto na praza da Constitución para esixir o dereito a unha vida digna


Outra mesa de recollida das follas de denuncia social, outro acto máis na rúa para amosar que fronte á intemperie na que estamos a maioría, moitas somos quen de nós xuntar para mudar o estado das cousas.

Por todo isto e por máis razóns estabamos hoxe na praza da Constitución coa xente do IMÁN, coa PAH, coa xente de GAS e da parroquia do Cristo da Victoria e con moitas máis esixindo que temos dereito a vivir con dignidade e que a nosa riqueza se reparta en forma dunha Renda Básica.
O acto se desenvolveu entre as 11h00 e as 13h00 cunha mesa informativa sobre a campaña “Vivir dignamente é un dereito”, coa que denunciamos a dramática realidade que están a padecer moitas familias no noso barrio e en toda a cidade a través da presentación masiva dun escrito exercendo o dereito de petición perante a Xunta e o Concello; escrito onde o asinante expón as súas circunstancias económicas e sociais e solicita unha Renda Básica que permita satisfacer con dignidade as súas necesidades básicas.
Durante toda a mañá decenas de persoas se achegaron a interesarse pola iniciativa e a asinar estas follas de denuncia social. Seguiremos coa recollida para a finais do mes de xuño facer a entrega dos escritos, estade atentas xa que queremos que o acto de peche sexa multitudinario.