border="0"

15.8.13

Baladre esixe a dimisión de Cristina Cifunetes tralas agresións de xullo en Madrid


30 anos de Baladre: Para todas, todo.
Esiximos a dimisión de Cristina Cifuentes ante as agresións sufridas en Madrid”

Este ano as xentes que participamos en Baladre "Coordinación de loitas contra a precariedade, o empobrecemento e a exclusión social" celebramos 30 anos con unha Caravana-Marcha.

¡Para todas, todo! Foi o lema que acompañou esta marcha caravana por parte da xeografía dos estados portugués e español. A coordinación Baladre, leva máis de 30 años abordando temas de exclusión social, empobrecemento e precariedade. Para celebrar esta continuidade de loitas e resistencias, facémolo como mellor sabemos, visualizando todo a dor provocada polo capitalismo e o patriarcado. Porque aprendimos que soas a ningún lado, xuntas a algún sitio. Do 17 o 24 de xuño percorrimos Oporto, Merida y Plasencia, Salamanca, Monleras (Salamanca), Valladolid y Palencia, Enebral de Hornuez (Segovia), Madrid y Getafe, Barrio de Villaverde (Madrid) y Cuenca, abordando en cada territorio loitas diferentes xunto as compañeiras de cada lugar.

A Marcha rematou satisfacendo de todo os nosos obxectivos de relación con outras, apoio mutuo e a toma da rúa como espazo de loita, tal e como facemos nas nosas prácticas cotiás, pero desta vez camiñando xuntas desde Porto a Cuenca en reivindicación de que soas non imos a ningunha parte, sendo o camiño conxunto o único posíbel.

A nosa chegada a Madrid o 22 de xuño, a manifestación convocada por colectivos feministas fronte o Ministerio de Sanidade, en protesta contra a nova lei de reprodución asistida do goberno do PP, voltamos a sufrir en carne propia a violencia das forzas de represión da Policía Nacional, coa detención e a forte agresión a un compañeiro de Baladre (Cristian S.T.) e varias compañeiras máis fortemente golpeadas, sendo necesario o traslado o hospital. Polo que esiximos a dimisión da delegada do goberno en Madrid, Cristina Cifuentes, polas reiteradas actuacións violentas dos corpos policiais ante as nosas pacíficas manifestacións.

O noso compañeiro acúsanlle de resistencia a autoridade e desorde pública, aínda que non se descarta que se lle poida imputar novos cargos por agresión a autoridade, algo que excede a toda lóxica tendo en conta que se atopaba observando a actuación policial desde a veira-rúa, e tras intentar dialogar cun axente, foi detido e trasladado pola forza e de maneira violenta os vehículos policiais. Tras máis de 5 horas de retención e interrogatorios na propia comisaría, foi posto en liberdade, e foi necesario o seu traslado o Hospital Universitario de Xetafe, xa que a agresión sufrida durante a súa detención lle deixara numerosas contusións e traumatismos, sen que previamente recibira atención médica. Tras varias horas de hospitalización foi dado de alta. O informe clínico recolle contusións provocadas polas porras no na coxa dereita, brazo esquerdo, e outras partes do corpo.

Por outra parte, o compañeiro Roi, que teña unha fenda na cabeza provocada tamén por un golpe coa porra, saíra do hospital durante a madrugada de esa noite, sendo necesario puntos na fenda aberta no parietal esquerdo, a demais de outras contusións provocados polas porras no pulso, brazo e costas. En total foron necesarios 8 puntos de sutura, e se lle aplicou tratamento médico durante varios días. A fenta provocoulla un axente cando el tentaba, de maneira pacífica e sen agredir a ningunha de elas, evitar que golpearán a Cristian.

Non podemos seguir consentindo que os nosos dereitos véxanse recortados, mentres nos reprimen sen ningunha consecuencia. Agradecemos as numerosas mostras de solidariedade e apoio de tódalas organizacións sociais e sindicais de todo o Estado ante as lamentábeis e violentas agresións sufridas polas nosas compañeiras. Sabemos que nada é casual e que a única maneira que coñecen para calar a nosa voz é a represión. Pero algo é seguro, non van conseguir calarnos nin amedrentarnos, non imos a consentir que ningunha agresión se quede sen resposta.


Se nos tocan a unha, nos tocan a TODAS.       


12 de agosto de 2013