border="0"

5.2.14

Proxección do documental “4F: Ni Oblit, ni perdó” no C.S.A. a Cova dos Ratos




O documental 4F: ni oblit, ni perdó é un traballo de investigación videográfico que persegue dar a coñecer a verdade e desmontar as mentiras sobre o caso 4F, uns dos casos de corrupción policial máis grave que se destapou na cidade de Barcelona. Unha historia de impunidade policial, acompañada de boas doses de racismo, clasismo e de vulneración dos dereitos fundamentais, todo elo amparado por un sistema xudicial herdeiro do réxime franquista e por uns políticos obsesionado co negocio inmobiliario que brinda a Marca Barcelona a costa dos seus cidadáns.


Que pasou o 4F?


A noite do 4 de febreiro do 2006 rematou cunha carga policial no centro de Barcelona. Foi nos arredores dun antigo teatro okupado no que se estaba a celebrar unha festa. Entre os golpes de porra comezaron a caer obxectos dende a azotea da casa okupada. Segundo relatou por radio o Alcalde de Barcelona poucas horas despois do suceso, uns dos policías, que ía sen casco, quedou en coma polo impacto dunha maceta. As detencións que viñeron despois do tráxico incidente relátannos unha crónica de vinganza. Tres xoves detidos, todos eles de orixe sudamericano, son gravemente torturados e privados de liberdade durante dous anos, agardando un xuízo no que pouco importaba quen fixo que.

Pouco importaba que o obxecto que feriu ao policía fose tirado dende unha azotea mentres que os detidos estaban a pé de rúa. Outros dos detidos aquela noite – Patricia e Alfredo- nin sequera estaban presentes no lugar dos feitos: foron detidos nun hospital preto dos incidentes e declarados sospeitosos pola súa forma de vestir. Pouco importaban se houberan probas ou evidencias que exculpaban ao acusados. Naquel xuízo non se estaba xulgando a individuos senón a un colectivo. Tratábase dun inimigo xenérico construído pola prensa e a política da Barcelona modélica. Barcelona, a cidade que acababa de estrear a súa chamada “ordenanza de civismo”, unha lei hixienista, marco legal perfecto para os plans de xentrificación de algúns barrios céntricos destinados ao turismo. Os detidos aquela noite eran cabezas de turco que encaixaban perfectamente, pola súa estética, coa imaxe do disidente antisistema o inimigo interno que a cidade modélica foi xerando aqueles últimos tempos.

Anos despois, dous policías son condenados a inhabilitación e a penas de prisión de máis de dous anos por torturar a un mozo negro. A sentencia demostra que os axentes menten e manipulan probas durante o xuízo. Para encubrir as torturas, acusan ao mozo de ser traficante de drogas, pero o xuíz descobre a montaxe: o negro é en realidade fillo dun diplomático, o embaixador de Trinidade e Tobago en Noruega. Estes axentes resultan ser os mesmos que torturaron ao xoves detidos aquela noite do 4 de febreiro do 2006. A única diferencia: o orixe social das vítimas.

Patricia Heras, a poeta defunta

Máis aló da cidade de Barcelona, o personaxe principal da cidade morta é Patricia, á que imos coñecendo a través da súa poesía e o testemuña das súas amigas e exparellas sentimentais. Trátase de una moza estudante de literatura, extremadamente sentimental, que esconde as súas inseguridades detrás dunha estética excéntrica, alimentada pola cultura queer coa que se identifica.

A experiencia que atravesa a partires de aquela mañá do 4 de febreiro do 2006, cando é detida xunto co seu amigo Alfredo nun hospital, da un xiro radical a súa vida. Dous anos cheos de angustia agardando o xuízo, esgotando todos os seus aforros para pagar os avogados. Tres anos de condena na cárcere. A parte de esnaquizar a súa vida, estes feitos disparan a súa produtividade literaria que vai quedando rexistrada nun blogue que se titula de forma premonitoria: Poeta Morta.

Patricia suicídase durante unha saída cárcere, en abril do 2011. Esta película pretende ser un homenaxe a ela.

Sacado de: