border="0"

28.10.14

Francia: Manifestante muerto en enfrontamentos coa policía na ZAD de Testet

Extraído de Contra Info:

Segundo un comunicado dxs ocupas de Notre-Dame-deas-Landes, durante a noite do sábado ao domingo, 26 de outubro, Rémi Fraisse, un manifestante de 21 anos, morreu nos enfrontamentos que se desencadearon despois da manifestación contra a construción dunha presa de auga ao longo do bosque de Sivens, na braña deTestet, no departamento de Tarn (sur de Francia).

Ao redor de 7000 persoas reuníronse na ZAD (zona a defender) de Testet, despois de meses de ataques policiais e da destrución da braña e dos campamentos das persoas que están alí a defendela. 
A finais da tarde e durante a noite, deceas de persoas atacaron ás forzas de orde que protexían as obras da presa, mostrando a súa rabia e tentando atrasar a reanudación das obras, que se programara para o luns, 27 de outubro.
Os policía empregaron pelotas de goma, granadas de choque e de fragmentación, e gases lacrimóxenos. Segundo a testemuña de manifestantes dende o bosque de TestetRémi colapsou tras recibir o impacto dunha granada, e o seu corpo foi levado polas forzas de orde.
As autoridades afirman que non queren comentar nada sobre o asunto ata que se publique a autopsia este luns. O goberno comezou xa estigmatizar axs manifestantes, ademais de intentar dividilxs co obxectivo de encubrir o acontecido. Pero saben moi ben, que a pesar dos seus intentos, esta morte terá consecuencias explosivas.

Dous breves vídeos da manifestación realizada na tarde do 26 de outubro na praza da Libération na cidade cercana de Gaillac.