border="0"

6.12.14

Segundo día "Non ao barco an rotonda de Coia" 05/12/2014

Esta xornada comezou de novo ás 8:00 con xente na rotonda vixiando que non comezasen as obras, os feitos máis destacados foron pola tarde cando a empresa mandou aos obreiros para tentar reanudar as obras empregando un subterfuxio, e as GOA da Policía Local se presentaron coa intención de intimidar ás persoas concentradas, finalmente aceptaron a negativa das veciñas a moverse e deixar continuar as obras.



Pola tarde ás 19h. comezou unha concentración seguida de asemblea con un par de centos de persoas, na que se decidiu deixar pasar a fin de semana co luns festivo e retomar o bloqueo o martes de mañán.   

Texto de Alicerces 

"Din os vellos que non se pode cuspir ao ceo, e teñen toda a razón do mundo. Hai algúns meses, neste mesmo blogue facía burlas e chanzas sobre o costume dalgúns dirixentes de adornar as rotondas (redondas, no imaxinario popular) con barcos. E mira ti por onde, que o destino quixo que a 200 metros da miña casa vaia ter un: esta semana, operarios da empresa concesionaria de Parques e Xardíns do Concello de Vigo comezaron a retirar a cuberta vexetal da “rotonda do Alcampo” -como se lle coñece popularmente- no barrio de Coia, para preparar os terreos para poñer o “Alfageme”, un pesqueiro de 27 metros de eslora.

Non quero agora falar do pailanismo cultural que sofre esta cidade (chantar un barco nunha rotonda é unha metáfora xenial das políticas culturais promovidas dende o Concello) senón centrarme no sinsentido do que isto supón para un barrio como o de Coia. Pode parecer incluso unha provocación ante unha veciñanza con moitos problemas económicos no seu día a día.

Falan os medios afíns á Alcaldía que o gasto será de 300.000 euros, cifra que para o cidadán non é posible confirmar xa que no apartado de Perfil do Contratante da web do Concellonon aparece por ningures este contrato. A este gasto, hai que sumarlle a axuda de 300.000 eurosoutorgada a unha multinacional (Citroen) para a contratación de xente, ou os 169.000 eurosgastados en mercar 1.600 entradas para o fútbol a unha sociedade anónima (cun prezo de 105 euros por entrada, se non erra a calculadora). E a maiores, no próximo ano comezará a reforma do estadio municipal de Balaidos, cun aporte de 15 millóns de euros por parte do Concello.

E mentres tanto non hai cartos para o local de Sereos, ou as Axudas de Emerxencia Social ou o Cheque Social son insuficientes ou teñen atrasos de meses e meses, como están mesmo a denuncian as mesmas traballadoras sociais do Concello. E mentres tanto non podemos pagar os alugueres, ou a luz, ou a comida. Non é demagoxia, desgraciadamente é a realidade….

[ En novembro de 2012 das 35.000 persoas que vivían en Coia, 14.000 estaban en situación de desemprego. Delas, só 5.000 recibían algún tipo de prestación.(Datos tomados de Sermos Galiza, ano 0, nº 22. Sexta feira, 2 de novembro de 2012)]."


Na Prensa:




Fotos de Ikerman